DADO TRUCADO, XOGO REVIRADO
FOTOGRAFÍAS
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS  OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
iempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m
Actores e técnicos: Sabela Amado e Esteban Losada.


POSTA EN ESCENA:
Espectáculo de sala no que conviven títeres e actores e no que se empregan  sombras chinescas, xunto a títeres de luva, máscaras e luz ultravioleta.

SINOPSE:
Pipo é un neno agarimoso e espelido pero... ¿Ten un defecto! ¿Non lle gustan as lentellas! A súa nai decide castigalo e prohíbelle saír da cociña ata que coma. Pipo, que é unha boa peza, decide facerse o durmido para enternecer a súa nai e así face-la súa vontade.
tanto se afana o rapaz na representación que ésta convértese en real e Pipo queda traspasado. Ó seu sono transpórtao a un xigantesco tabuleiro do xogo da oca, e a súa anfitriona a oca Coca, aleccionao sobre como debe xogar advertíndolle que de non lograr remata-lo xogo xamáis regresará a sua casa. A través do xogo, Pipo vai amosando a súa verdadeira personalidade: Caprichudo, egoista, desagradecido... ¡Pero cantas máis trampas fai peor lle vai! Así, de mal en peor, viaxa por unha serie de contos clásicos ata que ó fin se decata da súa necidade e decide axudar a os famosos personaxes de contos infantís, como Carapuchiña vermella, o soldadiño de Chumbo, O gato con Botas ou Os tres Porquiños e así, sen se decatar tamén se axuda a el, comezando unha transformación que o fará mellor e o levará ata o final do xogo e por ende ata á súa casa xunto a súa nai a que xamáis voltará a desesperar
.
INICIO